[![Open Source Love](https://badges.frapsoft.com/os/v1/open-source.svg?v=103)](https://github.com/ellerbrock/open-source-badges/) [](https://join.slack.com/t/firstcontributors/shared_invite/zt-1hg51qkgm-Xc7HxhsiPYNN3ofX2_I8FA) [![License: MIT](https://img.shields.io/badge/License-MIT-green.svg)](https://opensource.org/licenses/MIT) [![Open Source Helpers](https://www.codetriage.com/roshanjossey/first-contributions/badges/users.svg)](https://www.codetriage.com/roshanjossey/first-contributions) # Primeiras Contribucións É difícil. Sempre é difícil a primeira vez que fas algo. Especialmente cando estás colaborando, equivocarse non é algo agradable. Pero no *open source* (o código aberto) todo trata de colaboración e de traballar xuntos. Quixemos simplificar a forma na que novos contribuidores *open-source* aprenden e contribúen por primeira vez. Ler artículos e ver titoriais pode axudar, pero ¿que haberá mellor que facer as cousas nunha contorna pensada para practicar? Iste proxecto enfócase en prover unha guía e en simplificar o xeito no que os novatos fan a súa primeira contribución. Lembra que mentres máis relaxado esteas, mellor aprenderás. Se queres facer a túa primeira contribución só tés que seguir os sinxelos pasos que se amosan a continuación. E prometémosche que será entretido. fork de éste repositorio Se aínda non tés git na túa máquina, [ instálao ]( https://help.github.com/articles/set-up-git/ ) ## Bifurca(*Fork*) este repositorio Fai un *fork* (bifurcación) deste repo facendo click no botón "Fork" que está na cima desta páxina. Isto creará unha copia deste repositorio na túa conta. ## Clona(*Clone*) o repositorio clonar este repositorio A continuación clona este repo no teu equipo. Fai click no botón "*Clone*" e despois na icona para copiar ó portapapeis (clipboard) Abre a túa consola ou terminal e executa o seguinte comando de git: ``` git clone "url que copiache" ``` Onde "url que copiache" (sen as comiñas) é a url deste repositorio. Mira os pasos previos para obter a url. copiar URL a clipboard Por exemplo: ``` git clone https://github.com/o-teu-nome/first-contributions.git ``` Onde "o-teu-nome" é o teu usuario de GitHub. Aquí estarás copiando os contidos do repositorio first-contributions en GitHub para o teu computador. ## Crear unha póla(*Branch*) Cambia ó directorio do repositorio no teu computador (se é que non estás xa nel). ``` cd first-contributions ``` Agora crea unha branch (póla) usando o comando `git checkout` ``` git checkout -b ``` Por exemplo ``` git checkout -b engade-María-Soliña ``` (O nome da branch non ten que incluir necesariamente a palabra 'engade', pero resulta razoable se consideramos que o propósito desta póla é engadir o teu nome a unha lista). ## Fai os cambios necesarios e efectúa(*Commit*) deses cambios Agora abre o arquivo `Contributors.md` nun editor de texto, engade o teu nome e despois garda o arquivo. Se vas ó directorio do proxecto e executas `git status`, verás que hai modificacións. git status Agrega eses cambios ou modificacións usando o comando `git add` tal como se amosa: ``` git add Contributors.md ``` Agora podes facer commit sobre os cambios co comando `git commit` ``` git commit -m "Add to Contributors list" ``` cambiando `` polo teu nome. ## Envía (*Push*) os teus cambios a GitHub Fai un *push* dos teus cambios usando o comando `git push` ``` git push origin ``` cambiando `` polo nome da branch que creaches antes. ## Envía os teus cambios para seren revisados Se vas ó teu repositorio en GitHub, verás un botón `Compare & pull request`. Fai click nese botón: crea unha pull request Agora crea e envía a pull request: sube a pull request Axiña mesturarei os teus cambios (facendo *merge*) na master branch deste proxecto. Recibirás unha notificación por correo cando os cambios xa estean mesturados. ### [ Material adicional ](../additional-material/git_workflow_scenarios/additional-material.md) ## Titoriais con outras ferramentas | GitHub Desktop | Visual Studio 2017 | GitKraken | VS Code | Sourcetree App | IntelliJ IDEA | | --- | --- | --- | --- | --- | --- | | [GitHub Desktop](../gui-tool-tutorials/github-desktop-tutorial.md) | [Visual Studio 2017](../gui-tool-tutorials/github-windows-vs2017-tutorial.md) | [GitKraken](../gui-tool-tutorials/gitkraken-tutorial.md) | [Visual Studio Code](../gui-tool-tutorials/github-windows-vs-code-tutorial.md) | [Atlassian Sourcetree](../gui-tool-tutorials/sourcetree-macos-tutorial.md) | [IntelliJ IDEA](../gui-tool-tutorials/github-windows-intellij-tutorial.md) | ## Onde ir dende aquí? Tamén poderías unirte á nosa *equipa* en Slack no caso de que necesites axuda ou teñas algunha pregunta. [Únete ó noso Slack](https://firstcontributors.slack.com/join/shared_invite/enQtMzE1MTYwNzI3ODQ0LTZiMDA2OGI2NTYyNjM1MTFiNTc4YTRhZTg4OWZjMzA0ZWZmY2UxYzVkMzI1ZmVmOWI4ODdkZWQwNTM2NDVmNjY)